” A atmósfera como un ben común global: da traxedia ao drama”

Entre os días 3 e 9 de novembro celebrarase en Vigo, na sede da Fundación Barrié, a terceira reunión de autores principais do grupo III que están  a elaborar o quinto informe de avaliación do Grupo Intergubernamental de Cambio Climático (IPCC).

Trátase da a única reunión europea que se celebrará no proceso de elaboración de este informe, previsto para o  2014, despois das realizadas en Corea do Sur e Nova Zelanda e das que xa falamos neste blogue.

Unha reunión en Vigo de 300 científicos procedentes de todo o mundo especializados no cambio climático. Unha boa ocasión para concienciar aos rapaces e rapazas da dimensión do problema conductor do labor didáctico da comunidade Climántica. Unha comunidade que non para de medrar e consolidarse.

O próximo luns 5 de novembro ás 19.00 horas, na sede da Fundación Barrié en A Coruña, o profesor Dr. Ottmar  Edenhofer desenvolverá unha conferencia  que leva por título ” A atmósfera como un ben común global: da traxedia ao drama”, organizada por el Instituto de Estudios Económicos de Galicia Pedro Barrié de la Maza da Fundación Barrié, en colaboración con Economics for Energy, con motivo do encontro do  G3 que comentábamos ao inicio deste post.

Animámovos a inscribiros antes do 31 de outubro premendo aquí.

Esta entrada foi publicada en Axenda, Cambio climático e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta