Un planeta de diamante

Os científicos da Universidade de Yale (EEUU) descubriron un planeta rochoso composto por grafito e diamantes, dúas veces máis grande ca Terra e cunha masa oito veces maior.

Este planeta recibe o nome de ‘55 Cancri e’, sendo  un dos cinco planetas que orbitan ao redor dunha estrela parecida ao Sol, que se encontra na constelación de Cancro, situado a 40 anos luz da Terra. O planeta orbita tan rápido que un ano dura 18 días, comparando cos 365 días da Terra.

O exoplaneta ‘ 55 Cancri e’ posúe unha temperatura extremadamente alta, uns 3.900 ºC, polo que non é posible habitalo, e pénsase que está composto por unha superficie de grafito, despois unha grosa capa de diamantes, outra capa de minerais de silicio e un núcleo fundido de ferro.

Este planeta foi descuberto o ano pasado, pero os científicos pensaban que a súa composición química sería semellante á da auga pero despois de realizar novas investigacións descubriron que o planeta non ten auga e que está composto principalmente de carbono como o grafito ou o diamante.

Este descubrimento significa que os planetas rochosos non son parecido a Terra nos compoñentes químicos que os forman.


Autora: Berta Ferreiro Amil

Esta entrada foi publicada en Os mellores post de alumnos, Universo e vida. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta