Xornadas “2012 Ano Internacional da enerxia sostible para todos”

enerxía

Invitamos á comunidade Climántica a participar nas xornadas “2012 Ano Internacional da enerxia sostible para todos” organizadas polo CAFI e  que se van desenvolver no CEIFP Politécnico de Santiago os días 26 e 27 de outubro

As xornadas preteneden amosar a  enerxía sostible dende o punto de vista empresarial, institucional e científico, actividades de divulgación de fomento da enerxía sostible dende os museos científicos , así como recursos didácticos e mostra de boas prácticas nos centros escolares.

Como exemplo da calidade das ponencias e recursos que se van mostrar,  deixámosvos o link ao  material didáctico e actividades de divulgación que  o CSIC ten programados para este ano e dos que nos falará  Carmen Mayoral Gastón do Instituto de Carboquimica de Zaragoza ( CSIC).

Aínda quedan prazas libres, polo que podedes inscribirvos en www.edu.xunta.es/fprofe

A qué esperades?

 

 

Esta entrada foi publicada en Axenda, Sustentabilidade e etiquetada . Garda o enlace permanente.