Viaxando se aprende

Ese era un refrán que ouvía de pequena..sobre todo cando tiña que facer viaxes incómodos e longos naqueles autobuses que todos coñecimos…

Fora bromas, estes primeiros días de curso, son os máis adecuados para que os rapaces comencen a traballar cos blogs. Non é fácil porque muitos deles non veñen acostumados a utilizalos como un caderno dixital. Independientemente de que podades facer uso dos titoriais e manuais de boas prácticas que vos presentamos nos cursos de formación, a mellor forma de que aprendan e por observación,  vendo o que fixeron os demáis en cursos anteriores.

Como práctica podedes levalos á aula muitimedia e alí deixalos que naveguen polas categorías do blog, propoñan outras e visiten blogs amigos en Climántica de xeito que deixen algún comentario “coherente” sobre o que publicaron outros rapaces da sua idade.

 

 

Esta entrada foi publicada en Axenda. Garda o enlace permanente.