Sen esperas.. os blogues de Climántica xa comenzaron a publicar. Animámosvos a ir saudándoos de blog en blog e, de paso, ver como teñen orientado os compañeiros á integración no currículo e na programación dos blogues de Climántica. Para comenzar deixamos este post do IES A Basella en Vilanova de Arousa. ( non vos perdades os 61 comentarios dos rapaces).
BENVID@S!!
Aquí, entre todos/as, achegarémonos á ciencia e compartiremos coñecementos e opinións. Tentaremos entender o mundo que nos rodea e os principais avances científicos en moi diversos campos. Anímovos a curiosear no blogue e participar activamente.
Empecemos coñecendo algúns científicos galegos …..
Recordarvos que o traballo do blogue será un 20% da nota da asignatura CCMC en cada avaliación. Esta nota irá asociada os comentarios que fagades dos posts publicados e á elaboración dun post propio da temática que vos interese. Recordade os criterios de calidade de comentarios e posts que se vos entregaron por escrito na clase.
Alá imos….