Benvidos ao inicio de curso nos blogues de Climántica!
Neste curso comenzamos con forza e estamos desexando que pasedes a visitarnos polo Blog Guía para que nos contedes a programación que ides desenvolver nas bitácoras. Desde aquí, iremos publicando, dúas veces por semana, os vosos post e ofrecendo recursos e novas que vos faciliten a integración do proxecto nas aulas.
Os que xa levamos moitos anos no proxecto, sabemos da importancia que lle dan os rapaces a que se publiquen os seus traballos, así que, cando queirades que vos publique algún na bitácora central do proxecto, non tedes máis que deixarme o link nos comentarios.
E non vos esquezades de difundilos en Facebbok e Twiter!!
Como sempre, vos espero en susana@climantica.org para calquera dúbida ou suxestión que querades facer e nos comentarios deste blog.
Todavía co bo sabor de boca que nos deixaron os traballos e a xornada do V Congreso CLMTK 2012, empecemos de novo con ese excelente labor que fai posible experiencias didácticas como as que vos mostramos no vídeo do campus para premiados :