Falando de fútbol

Desde o IES Fernando Wirtz nestes tempos futboleros.

A ciencia e a tecnoloxía nos últimos tempos comezou a empregarse en absolutamente todo, e os deportes non ian ser menos.

A ciencia esta moi presente nos deportes, por exemplo na Fórmula 1, na que os coches estan feitos de materiais moi lixeiros que pouco a pouco van facendolle perder  protagonismo ao aceiro, xa que é necesario eliminar  peso dos coches para aumentar o rendemento. Xa  non estamos moi lexos de eliminar o aceiro por completo dos automóbiles.

Outro claro avance da ciencia nos deportes é no tenis, no que os materiais ultralixeiros conseguiron substituir as raquetas xa lixeiras de madeira que se empregaban fai anos.

No noso deporte rei, o futbol, tamén atopamos ciencia, nas camiseta ultraelásticas que levan os xogadores, que son dez veces máis resistentes que as de antano, e á vez son tres veces máis transpirables. E non só isto, no futbol quérese incluso facilitar a toma de decisións aos árbitros, através dunha nova tecnoloxía aplicada aos balóns que permite detectar se o balón entrou ou non na porteria nas xogadas dubidosas, ou incluso nun futuro poderase saber que xogador é o último en tocar o balón, todo isto grazas á tecnoloxía RFID (identificación por radiofrecuencia).

Autor: Eduardo Cagide

Esta entrada foi publicada en Os mellores post de alumnos. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta