Finis Terrae

Miles e enfermedades de orixe xenético poden diagnosticarse grazas ao supercomputador Fines Terrae. Máis de 5.000 enfermidades de orixe xenética poderán ser detectadas proximamente nas análises do xenoma humano que realiza a Fundación Pública Galega de Medicamento Xenómico, dirixida polo catedrático da Universidade de Santiago de Compostela Anxo Carracedo.

Francisco Barros, xefe de laboratorio da Fundación, considera que é  o uso da tecnoloxía é “un paso xigantesco, e en poucos anos poderanse detectar enfermidades asociadas ao 15% restante dos xenes, pois están ás portas unha terceira xeración de secuenciadores de xenoma para que poidan facerse todas as análises nun único proceso cun prezo moi competitivo”

O supercomputador ‘Finis Terrae’,  é  o ‘cerebro’ do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e permite tratar un gran número de datos en tempos infinitamente pequenos.

Para saber máis: CESGA

Esta entrada foi publicada en Vivir máis, vivir mellor, Xenética e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta