Anxo Carracedo no IES Praia Barraña

 

 

 

 

 

 

 

Un excelente artigo de Abel e Martín do IES Praia Barraña que pasa á noa galería de “Os mellores post dos alumnos”. Parabéns pola xornada e pola noticia.

O día 4 de maio tivemos o privilexio de recibir no noso instituto ó Catedrático de Medicina Legal da USC Ángel Carracedo. Carracedo é o científico galego máis internacional, o seu laboratorio de identificación forense a través da xenética molecular é recoñecido mundialmente.

No ano 2005, O Instituto de Medicina Legal da USC foi catalogado como o mellor do mundo nos últimos 10 anos, superando incluso ó do FBI. O equipo co que traballa Carracedo xira entorno as cen persoas, entre as cales se atopan unhas 15 nacionalidades distintas.

O Instituto de Medicina Legal de Santiago participou en casos tan importantes coma o 11M ou o do tsunami do sueste asiático entre outros.

Na lección maxistral impartida no noso instituto o Dr. Carracedo centrouse no aspecto práctico do seu traballo comentando algúns dos casos nos que traballara e a forma de resolver estes. Carracedo falou do ADN e como a partir deste se podía identificar a cada persoa, xa que aínda que como dixo os seres humanos somos un 95,5% iguais no noso ADN, existen variacións importantes nas secuencias do ADN chamadas microsatélites e nas coñecidas como SNP, que permiten a identificación de persoas mediante a pegada xenética. Estes marcadores, presentes no ADN -ás veces moi escaso- das mostras utilizadas na identificación forense, son amplificados mediante a técnica da PCR e utilizados polo equipo do instituto de medicina legal para obter os perfís xenéticos das persoas.

Durante a exposición Carracedo tamén falou sobre algúns aspectos da bioética na xenética, como por exemplo da posibilidade que ten en España un pai de pedir unha proba de paternidade sen o consentimento da nai. Aínda que a meirande parte da clase se centrou na práctica, Carracedo dou moitos datos de interese como que en España practícanse 15.000 probas de paternidade anuais.

Ó final, no coloquio, o Doutor comentou que unha das súas maiores satisfaccións profesionais fora o descubrimento de xenes asociados á esquizofrenia xa que esta é nun 80% hereditaria. A raíz disto comentou que nos anos que lle quedan por diante ten pensado dedicar gran parte do seu tempo a investigación xenética das enfermidades psiquiátricas.

 

Abel & Martin

Esta entrada foi publicada en Os mellores post de alumnos. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta