Como llo contarías a teu irmán pequeno? Enloquecer por un anticorpo

Un bo exemplo desde o IES Xulián Magariños para anima aos rapaces a que expliquen o que saben..Contando un conto que “enganche ” aos seus compañeiros e os anime a continuar lendo e aprendendo. Parabéns a Iria López.

Marta era unha rapaza que un día empezoulle a custar falar e díxollo aos seus pais pero non lle deron importancia a ese incidente.Pero aos poucos dias Marta comezou a ter un comportamento cada vez máis extrano e preocupante.Había momentos nos que quedaba ausente e outros nos que se movía de forma descoordinada,decía frases sen xeito e mostraba moita ansiedade.

Os neurólogos do hospital fixéronlle varias probas, pero todo parecía normal.Diagnosticáronlle crise de ansiedade e déronlle o alta, pero a situación empeorou. Chegou a agredir á súa familia, gritar como se estivese poseida,quitábase a roupa, revolcábase polo chan, etc. Os seus pais estaban aterrados e levárona ao psiquiatra do hospital onde quedou ingresada. Ao principio os médicos seguían desorientados, non atopaban nin o máis mínimo indicio do por qué a conducta de Marta habíase transformado radicalmente en só duas semanas. Mentras estaba internada na súa habitación,insultaba ás enfermeiras,escupíalle á xente que a ía visitar, tiña alucinacións paranoides,sufría crises epilépticas,taquicardias e pérdida dos reflexos básicos.Os médicos ingresárona na UCI(unidade de coidados intensivos), induxérona en coma e mantivérona con respiración artificial e un marcapasos externo.

Ao coñecer o caso, o neurólogo Luís Antonio Querol estivo falando cos compañeiros que estaban tratando a Marta. Cando estes lle dixeron os síntomas de Marta,rápidamente pensou na encefalitis autoinmune que foi descrita por Josep Dalmau. Querol visitou a Marta e comprobou que os síntomas coincidian co que a ciencia tiña escrito. Como estaba moi convencido empezou con unha terapia inmunosupresora, encargou unha punción lumbar e enviou a mostra a Universidade de Pensilvania,onde estaba investigando Dalmau. Duas semanas despois chegaron os resultados confirmando que Marta tiña anticorpos que estaban atacando os receptores da NMDA das súas neuronas.


Iria López

 

Esta entrada foi publicada en Os mellores post de alumnos, Vivir máis, vivir mellor. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta