Como van eses traballos para o V Congreso CLMTK ? Só con ver a imaxe dos premiados o ano pasado xa nos entra a prisa por por os rapaces a traballar!! Unha experiencia gratificante e chea de contido para facer verdade o dito de que “Cada vez somos máis para salvar ó planeta”
Non espezades que ademáis de vídeos podedes enviar:
- Banda deseñada Que tal un anime sobre os incendos en Galicia?
- ( http://www.pixton.com/es/)
- Curtos cun guión ambiental Esi nos animamos coa seca de este inverno? (http://animoto.com/)
- Debuxos Estamos seguros de que tedes artistas agochados tras das mesas!!
- Fotografía comentada Un calendario con imaxes ? (http://support.google.com/plus/bin/answer.py?hl=en&answer=1685859)
- Poesía Un simple conxunto de haikus de temática medioambiental.
- Póster Unha campaña de publicidade na aula .
- Presentacións Non vos esquezades de Prezi!!
- Relatos Desde microrrelatos até seminovelas .
- Reportaxes multimedia Que tal unha entrevista sobre o impacto urbanístico nas vosas cidades e pobos?
- Vídeos de obras de teatro Unha escenificación sobre a desaparición do imperio Inca?
- Vídeos musicais E porque non versións de cancións populares, una rap…?
- Xogos e pasatempos Xogos de cartas, Trivial de consumo sostible, o Risk levado ao campo das enerxías….
Supoño que o tedes pedido como traballo de aula, e a mellor forma de motivalos!!