O aforro nos medios de transporte

Quen dixo que temos que esperar ó 3º ciclo de Primaria para traballar con blogs? Diego Pérez Castro, un compañeiro do CEIP de Pedrouzo veuno a desmentir. Non deixedes de visitar o blog de nenos de 2º de Primaria!! Parabéns polo traballo , Diego.

Os medios de transporte son a principal fonte de consumo de petróleo. Polo tanto, son os maiores responsables de verter á atmosfera gases de efecto invernadoiro. E, cales son os principais medios de transporte?

 

 

Como é lóxico, canto mais poidamos reducir o uso dos medios de transporte, menos contaminaremos. O coche, ó ser o vehículo mais utilizado, é no que mais podemos aforrar.

Agora, coa axuda de Google Maps, imos averiguar a distancia que hai desde a nosa casa ó colexio:

 

[googlemap http%3A//maps.google.es/maps/ms%3Fmsa%3D0%26amp%3Bmsid%3D200404826314327214329.0004ba884903993e08b9f%26amp%3Bhl%3Des%26amp%3Bie%3DUTF8%26amp%3Bt%3Dh%26amp%3Bll%3D42.862062%2C-8.677225%26amp%3Bspn%3D0.003775%2C0.006866%26amp%3Bz%3D17%26amp%3Boutput%3Dembed]

 

Cando localicemos a nosa casa no mapa, coa axuda do botón dereito do rato, poderemos marcar a ruta dende alí ata o colexio (distancia X). Agora temos que calcular cantos quilómetros facemos á semana, tendo en conta que ese traxecto o facemos dez veces nese periodo (10 veces X).

E, por último, calcular canto CO2 se verte na atmosfera, sabendo que un coche produce 150 gr. dese gas por quilómetro (150 x 10 = 1500gr = 1,5kg por quilómetro á semana).

E se miramos canto contaminamos ó mes? (4 semanas = 6kg de CO2 ó mes por quilómetro) E en todo o curso? (6kg x 9 meses = 54 kg de CO2 por quilómetro por curso)

Eses números marean. E como podemos reducilos?

  • Andando. Camiñar, aparte de ser un aforro para o medio ambiente, é un dos exercicios mais sanos.
  • En bici. É tamén outra opción sana e non contaminante.
  • En bus. Aínda que o autobús tamén contamina, os medios de transporte colectivos son unha boa opción, xa que o consumo por viaxeiro é moito menor.
  • Compartindo coche. Se non queda mais remedio, podemos intentar compartir o coche con algún compañeiro que viva preto, ou facer turnos de transporte.

Aínda que pareza que un pequeno esforzo non vale para moito, entre todos podemos facer moito por contaminar menos

Esta entrada foi publicada en Os mellores post de alumnos, Sustentabilidade. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta