Coa finalidade de curar a ferida que lle causou un xabarín enloquecido, o xoven Ashitaka sae na pescuda do Deus Cervo, pois só el poderá liberalo do sortilexio. Ao longo da súa viaxe descobre como os animais do bosque loitan contra os humanos que están dispostos a destruír a natureza.
Fai tempo que non traemos a transversalidade do cine as nosas aulas. Aquí vos deixamos este post do IES Francisco Asorey. Os comentarios son en si mesmos unha aula aberta.