Os blogs de Climántica son un máis na clase

No IES Fernando Wirtz levan tempo traballando coas bitácoras de Climántica e sempe nos mostran diferentes post que dan idea do grado de integración na aula desta ferramenta.

Nesta ocasión, entre as noticias relacionadas coa temática de aula, publican e publicitan o labor musical dun compañeiro á que nos sumamos, para terminar a semana con ritmo . Xa sabedes, nos blogs tamén hai espazo para o lecer.

Nos blogs de ciencias para o mundo contemporáneo  tamén ten espazo a música sobre todo se é dun de vos. Co inicio do equinoccio de  primavera e o remate da segunda avaliación facemos unha pausa para gozar do novo  videoclick do voso  compañeiro de 1º Bac C, Ishaka Osigbemhe.

“Do my thing”


Esta entrada foi publicada en Didáctica. Garda o enlace permanente.

One Response to Os blogs de Climántica son un máis na clase

  1. Ishaka Osigbemhe di:

    moitas grazas susana .muy amable .seguiremos en contacto .. grazas.

Deixa unha resposta