Día Metereolóxico Mundial 2012. Xornada de portas abertas en Meteogalicia

O 23 de marzo celébrase en todo o mundo o Día Metereolóxico Mundial, co lema “O tempo, o clima e  o agua”

A data conmemora a firma, en 1950, do convenio de creación da Organización Metereolóxica Mundial (OMM), como organismo das Nacións Unidas para asegurar a cooperación internacional en materia metereolóxica.

O tema de este ano ororga especial relevancia a como as actividades humanas están contribuindo a mudanzas trascendentais no clima, facendo incidencia na  importancia sa comprensión científica sobre o tempo, o clima e  a  agua por parte da cidadanía.

Desde o Proxecto Climántica estes tres tópicos e as interrelacións entre eles veñen sendo unha constante nas nosas actividades en educación e sensibilización  ambiental.Os materiais didácticos sobre tempo e clima dos que dispoñedes na biblioteca, as unidades didácticas publicadas como   “Auga e cambio climático”, as accións de divulgación científica e  de formación sobre  o tema ou o excelente blog de temático de Metereogalicia coordinado por Juan Taboada, entre outros, son un bo exemplo da nosa preocupación por divulgar estes tres conceptos.

Desde o blog os estudantes e profesores aprenden, día a día sobre conceptos básicos de metereoloxía, prognóstico, terminoloxía necesarios para comprender as  informacións sobre tempo e  clima que aparecen nos medios de comunicación e se sensibilizan das causas e efectos do tempo e do clima no medio ambiente.

Co gallo do Día Metereolóxico a Xunta celebra unha xornada de portas abertas na sede de Meteogalicia.Nesta visita, que se deberá  reservar vía  a web de Meteogalicia , poderase acceder á sala onde se elaboran os prognósticos meteorolóxicos diariamente.
Na entrada do edificio haberá unha exposición de aparellos meteorolóxicos, onde os técnicos explicarán o seu funcionamento.
Outra actividade que tamén se propón para este día é  a visita ao radar meteorolóxico localizado en Cuntis no monte Xesteiras.

O plazo de inscrición remata o día 22 de marzo  as 12  do mediodía.

A que esperades para reservar praza?

 

 

Esta entrada foi publicada en Axenda, Día de ... e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta