Gastamos máis do que temos

Non podemos deixar de reflectir no Blog Guía esta excelente actividade  de aula  do compañeiro  Xabier Fraga desde o CPI Artai sobre consumo e aforro enerxético. Non deixedes de observar as intervencións nos comentarios un modelo a seguir para fomentar a argumentación científica na aula.

Soa a alarma do móbil. Son as 7 de mañá e comeza un novo día de traballo. Miro pola ventá e semella caer unha xeada do demo. Menos mal que a calefacción xa se puxo a funcionar así que podo erguerme con tranquilidade e darme esa ducha en auga morna para despertarme. Acendo o microondas e nun minuto teño o almorzo preparado. Mentres tomo o café con leite escoito as noticias da televisión e bótolle un ollo ó correo de onte.
Vaia, chegou outra vez a factura de electricidade ¡150 € este mes! ¡Isto é unha ruína! Pero …

¿QUE FACEMOS NESTA CASA PARA GASTAR TANTO?

Isto que acabo de relatar seguro que tamén pasa nos vosos fogares o comezar o día. A nosa forma de vida conleva un gasto contínuo de enerxía. Pero… de onde ven esta enerxía? prodúcese toda en Galicia? Temos que traela doutros países? Poida que estes gráficos nos axuden a reflexionar sobre estas preguntas (pincha neles para velos mellor).


Enerxía primaria Galega

E que pasaría se só puidesemos gastar a enerxía que nós temos?
Que teríamos que cambiar para ser autosuficientes?

Esta entrada foi publicada en Didáctica, Enerxía, Produccións Climántica CCMC, Sustentabilidade e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta