A forma dunha copa de Champán

Este post dunha alumna do IES Cacheiras é un exemplo dunha categoría que non debería faltar nos blogs de CCMC, aquela na que se recollan post cortiños sobre ciencia cotidiana.

Un achegamento informal á ciencia que pode axudar a motivar ao alumnado. Aproveitamos o contido do post para compartir un brindis con vos no antroido!!

Un estudo da Universidade de Reims (Francia), di que a forma da copa onde se sirve o champán afecta a cantidade de burbujas que conten, polo tanto, como notamos o seu sabor. Concretamente os investigadores estudaron a concentración de dióxido de carbono(responsable da formación das burbujas ) e do etanol sobre a superficie do champán durante 15 minutos tras servir 100 mililitros da bebida nunha copa alta e estreita o nunha copa ancha. Ademáis, observaron como o gas se «escapaba» das diferentes copas. Os experimentos revelaron que hai mais concentración de gas sobre a copa alargada.

O resultado explicaría por qué a hora de beber a experiencia é diferente según o recipiente empleado.

Fonte de información: http://www.muyinteresante.es/

Esta entrada foi publicada en Sabías que?. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta