Climántica cumple un lustro

A nosa web central,  www.climantica.org,  está de aniversario. O 9 de febreiro de 2007, o proxecto comenceu a ter presencia na rede e, neste recén cumprido lustro, a web de Climántica superou a cifra de  659.000 visitas procedentes de 133 países diferentes, un dado máis dos que avalan a este proxecto como referencia no mundo da educación ambiental.

No camiño miles de  docentes, estudantes e cidadáns de toda Galicia, España e Portugal   teñen participado de forma presencial e virtual nun proxecto que, non en van, está recomendado polo Alto Comisionado das Nacións Unidas para o Cambio Climático.

Vos sodes a parte principal do éxito do proxecto, e queremos compartir a celebración ofrecéndovos o   libro do científico colaborador do proxecto, Francisco Anguita Virella, Biografía de la Tierra, revisado no ano 2011 que podedes descargar desde a web.

Como acto simbólico,aproveitamos o remate das sesións presenciais do curso de Ciencias para o Mundo Contemporáneo procedeuse a sortear un exemplar do libro dedicado polo autor entre os 40 asistentes. A afortunada foi a profesora Margarita Carolina García Castro que recolleu das máns do autor o agasallo.

 

 

 

Esta entrada foi publicada en Axenda. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta