Nai Terra, irmán home

imagen

Un post intersante desde o IES de Brión,  no que unha alumna a nima ás e aos compañeiros á lectura dun libro sobre temática ambienta. Un exemplo máis da interdisciplinaridade dos blogs. Animarvos a ter unha categoría de Biblioteca en cada blog .

Sabiades que as ovellas irlandesas son paticortas xa que así non son capaces de saltar muros? Como é iso? Preguntarédesvos. E así porque foron seleccionadas xeración tras xeración polos gandeiros. Este é un dos moitos datos que se recollen  neste libro (”Madre Tierra, Hermano hombre” de Máximo Sandín).

A súa temática é a ecoloxía. Que é iso realmente? Sabiades que é unha ciencia? Se vos interesa coñecer o pasado dos seres vivos e os cambios que foi sufrindo o planeta este é o libro que buscades. A interpretación da teoría de Darwin tamén é cuestionada.

Aínda que os seres humanos levamos vivindo aquí moi pouco tempo estamos modificando e destruíndo a nosa “querida” Terra.

Este libro pareceume moi sinxelo, entretido e interesante. As boas explicacións do autor e a elección de cada palabra fan que este libro de 125 Páx. (prólogo incluído) se convirta nun concienciador da situación da Terra e anime, aos lectores xuvenis , a intervir na súa mellora.

Tags: ,
Publicado en Libros e ciencia | Autor marina.br | Comentar »

Domingo 29 de Xaneiro do 2012

Warming Global ¡Stop!

Rapaces e rapazas; seguro que estades cansos de escoitar falar do famoso efecto invernadoiro e das súas consecuencias. E se descubriran una forma sinxela de  evitalo?

Uns investigadores da Universidade de Manchester e Bristol descubriron os efectos potenciadores das birradicais Criegee, que son uns produtos químicos invisibles; poderosos oxidantes de contaminantes como o dióxido de nitróxeno e o dióxido de xofre  que se liberan como resultado da combustión polo que poden limpar a atmósfera.

imagen

Para detectar os radicais e a súa rapidez  ao reaccionar utilizouse a luz dunha instalación de sincrotrón (acelerador de partículas onde o campo magnético e eléctrico aceleran as partículas e se sincronizan coas mesmas) de terceira xeración.

Os birradicais Criegee reaccionan rapidamente, acelerando a formación de sulfato e nitrato na atmósfera conducindo a unha formación de aerosois e,  por ultimo, á formación de nubes que enfriarían o planeta.

Nos últimos 100 anos a temperatura da terra aumentou 0,8 ºc, se seguimos así de seguro que lamentaremos non actuar antes.

Que credes? Esta será a solución definitiva para o cambio climático? Ou pensades que é imposible parar o proceso con produtos químicos? Non afectaran máis estes?

Fonte:http://www.libertaddigital.com/ciencia/2012-01-13/descubren-una-particula-que-podria-limpiar-la-atmosfera-1276446749/

Esta entrada foi publicada en Ler Con-Ciencia, Os mellores post de alumnos e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta