Pengüíns gays ou a interdisciplinariedade de CCMC

Un excelente exemplo da utilización da argumentación a tarvés dos foros e o comentarios neste post de Sandra Romero do IES Francisco Asorey. Parabéns!!

Unha parella de pingüíns machos do zoolóxico de Harbin, en China, é famosa por haber intentado varias veces roubar os ovos doutras parellas «heterosexuais»  dentro do parque. Pero por fin lograron o seu soño, xa que  un pingüín femia  do mesmo recinto tivo dúas crías e ante a dificultade de poder crialas, tendo en consideración que o normal é ter unha soa cría por parto, déuselles en adopción á parella de «homosexuais», que fai aproximadamente tres anos tiveron outros intentos frustrados de roubar ovos a outras parellas.

Segundo os expertos, dita adopción non suporía ningún tipo de problema dado  que os pingüíns macho teñen un instinto maternal moi desenvolvido e por elo, son eles os que soen incubar os ovos (en estado salvaxe) durante 25 días. Tamén cabe destacar a fidelidade de estes animais, que manteñen a mesma parella durante o resto das súas vidas o que é motivo de que os coidadores do zoolóxico os deixasen estar xuntos. A «homosexualidade» entre pingüíns é frecuente e este mesmo caso ocorreu hai aproximadamente dous anos nun zoolóxico de Alemaña.

Pero é necesario xustificar a naturalidade da homosexualidade como compartamento instintivo dos animais? Ou é que a sexualidade dos animais non é tan distinta como parece á das persoas?

Autora: Sandra Romero

Esta entrada foi publicada en Mesa Redonda, Os mellores post de alumnos. Garda o enlace permanente.