Reporteiros Climántica no IES Baio- Zas

Parabéns aos novos articulistas!! Benvidos a comunidade en rede de Climántica

No IES de Baio-Zas, xa temos novos creadores de artigos, que despois do Nadal, comprométense a realizar publicacións no blogue da plataforma climantica. A ver que tal se lles da o tema. Son novos, al parecer neste tipo de tarefas, pero teñen un estímulo importante : ” SUBELLES  NOTA”, E NON BAIXA NOTA aínda que non publiquen.  Ademais, poden publicar até un  máximo de tres artigos por trimestre…. Póñolles un tope, non vaia ser que lle collan o gusto, e despois non fagan outra cousa que publicar e publicar… sen parar. Noraboa polo compromiso, e sobre todo ademais de ir ó gran, valoraráse a orixinalidade, o antidogmatismo, a reflexión crítica propia e a curiosidade e o coñecemento científico, e dicir que na medida dos vosos coñecementos, usedes argumentos e/ou baseados no método científico. Prantexade tamén algunha pregunta que poida ter relevancia nun foro de debate, como pode ser na mesma hora de clase.

Esta entrada foi publicada en Produccións Climántica CCMC, Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta