Un post que “engancha”

Os rapaces e rapazas de Climántica non paran de producir, nin de argumentar,  nin de estar motivados …Non podemos pedir nada mellor para comenzar o ano!!

Aquí vos deixamos unha mostra do entusiasmo que propiciou o post: “A viaxe sen retorno” no blog de CCMC do  IES Fernando Wirtz, na Coruña.

Un bo exemplo do traballo por competencias nos blogs de Climántica. Jesús López, un escritor en cernes, relata con absoluta maestría os últimos momentos do teniente Taylor, o  piloto que manexaba un dos cinco avións TBM Avengers que despegaron da Base de Fort Lauderlade en Florida, un fatídico 5 de decembro de 1945…

 

O relato sorperende pola calidade literaria e, non menos sorprendente é a avalancha e comentarios dos compañeiros donde tentan explicar as razóns da traxedia e que da pé a  sólidas argumentacións sobre cuestións relacionadas coa pseudociencia, neste caso o Triángulo das Bermudas e que, nalgúns dos comentarios se abordan co espíritu crítico que queremos fomentar nos nosos alumnos.

A motivación foi tan alta que, incluso, algúns comentarios se realizaron en plenas vacacións.

Jesús e compañeiros/as parabéns polo post!!

 

 

 

Esta entrada foi publicada en Os mellores post de alumnos. Garda o enlace permanente.

2 Responses to Un post que “engancha”

  1. Jesús López di:

    Moitas grazas polos teus parabéns.Saudos do Fernando Wirtz.

Deixa unha resposta