Tres informes revelan a ‘extrema vulnerabilidade’ do Himalaia ao cambio climático

Tres informes revelan a «extrema vulnerabilidade» das montañas máis altas do mundo ao cambio climático, xa que o aumento das temperaturas alterou o equilibrio da neve, o xeo e a auga destes picos. Os informes foron presentados durante o XVII Cumio sobre Cambio Climático en Durban (Sudáfrica). Realizáronse sobre a rexión montañosa asiática Hindu-Kush-Himalaya (HKH), onde se atopan os montes máis altos do mundo -Everest-o obxectivo era recopilar información actual sobre o estado desta rexión e obter datos máis precisos sobre o número e a extensión dos glaciares e patróns de precipitacións de neve.

Resumo do contido dos informes:

– Importante biodiversidade das montañas. A HKH é o fogar de 25.000 especies animais e contén unha maior diversidade de tipos de bosque que o Amazonas. Non obstante, a pesar da abundancia de recursos naturais na rexión, a pobreza está moi estendida.

– En canto aos glaciares,  a cordilleira é coñecida como ‘o terceiro Polo’, xa que nela se sitúa o 30 por cento dos glaciares do mundo. Neste sentido, un dos informes sinala que se contabilizaron máis de 54.000 glaciares na rexión, o que supón unha superficie cuberta de xeo duns 60.000 quilómetros.

Destes 54.000 glaciares, só dez foron estudados con regularidade para determinar a perda ou ganancia neta de xeo e neve (chamado balance de masa). Estas investigacións mostran unha perda de balance de masa de aproximadamente o dobre entre 1980 e 2000. Ademais, na zona do Everest, os datos mostran unha marcada aceleración na perda de masa glaciar entre 2002 e 2005.

En canto á redución de cada país, os estudos encontraron que nos últimos 30 anos foi do 22 por cento en Bután e o 21 por cento en Nepal. Tamén destacaron que os glaciares da meseta tibetana están a retroceder a un ritmo «máis rápido» que os glaciares da Himalaia central que grazas á súa estrutura, con moito entullo, ten un efecto illante.

– Tamén é «preocupante» os resultados obtidos sobre unha diminución xeral da cuberta de neve durante a última década. Ao respecto, o informe indica que entre os glaciares e a neve se dá vida ás cabeceiras dos 10 principais sistemas fluviais que se estenden a través de oito países de Asia: Afganistán, Bangla Desh, Bután, China, India, Myanmar, Nepal e Paquistán.

http://www.elmundo.es/elmundo/2011/12/05/natura/1323097294.html

Aquí está un video sobre esta montaña tan impresionante, que deberíamos comezar a coidar se non queremos danala máis do que xa está. O Himalaia

Desde o IES A  Sangriña

Esta entrada foi publicada en Cambio climático. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta