Sobre homínidos nos blogs de Climántica

Trasladamos ao Blog Guía , como mellor atigo da semana, o post de Ana Domínguez, unha alumna do IES Fernando Wirtz da Coruña. Sorprende o interese que sucitou entre os seus compañeiros e compañeiras ( nada menos que 41 comentarios!!)  e o mostramos tamén como exemplo pola boa cooordinación dos comentarios de Adela, a profesora responsable do blog. Parabéns as dúas e a toda a clase por o excelente traballo.

E xa que falamos de homínidos, recuperamos de Climántica TV a  excelente conferencia de Mariña Mantiñón do equipo de Atapuerca sobre o tema.

Calcúlase que hai 180 millóns de anos, cando aínda dominaban os réptiles o planeta, apareceron os primeiros mamíferos sobre a Terra. A multitud de especies de mamíferos que comezaron a desarrollarse eran moi diferentes as que coñecemos actualmente e moitas delas desapareceron por completo. Os seres humanos pertencemos ao grupo dos primates.

Para os paleontólogos, o punto de inicio da historia da humanidade empeza coa aparición dos primates, fai uns 65 millóns de anos. Os primeiros eran uns pequenos seres que comezaron a vivir nos árboles. Entre as especies que pertencen aos primates encontramos ao ser humano, o simio, o mono e as musarañas.

Estas especies, debido a procedencia da mesma familia, guardan similitud co ser humano. Según estudios o noso último ancestro entre humano e chimpancé existiu fai 6 ou 7 millóns de anos. Despois de esta separación aparece o primer homínido, chamado Australopithecus, posteriormente Homo habilis, o primeiro especímen do xénero Homo ao que pertencemos os humanos modernos.

Aquí deixovos un enlace moi interesante sobre a nosa evolución : http://redescolar.ilce.edu.mx/redescolar/act_permanentes/historia/histdeltiempo/mundo/prehis/t_evolu.htm

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

2 Responses to Sobre homínidos nos blogs de Climántica

  1. Ana Domínguez di:

    Moitas grazas por este recoñecemento, aínda que non facía falta! Un saludo de todos os alumnos de Primeiro do Fernando Wirtz, xa que todos participamos nisto e nos encanta!

  2. Adela di:

    Grazas Susana. Saudos de IES Fernando Wirtz

Deixa unha resposta