URXE: Os mellores post dos alumnos

Ola a todos e todas,

En tódolos cursos de formación falamos da necesidade de compartir recursos e abrir as portas das nosas  aulas á Comunidade Climántica de blogfesores.

Unha das ideas na que sempre coincidimos é na de valorar os traballos do alumnado, compartíndoo en Facebook e enviando un comentario ao Blog Guía para que podamos dar relevancia aos mellores post de aula, publicándoos na categoría “Os mellores post dos alumnos”,  a modo de galardón virtual.

Habitualmente visito os blogues de aula e escollo os que me parecen interesantes pero, esa avaliación debe corresponder ao profesor de área.

Non sexades tímidos e deixarme nos comentarios ou no correo susana@climantica.org aqueles post que consideredes mellores.

Gracias!!!

Susana Vázquez

Esta entrada foi publicada en Axenda, Os mellores post de alumnos. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta