Gapminder: visión global e relativa de tendencias sociais

Acudir aos recursos que nos amosan nos temáticos é un costume que deberiamos convertir en habitual. Hoxe rescatamos do temático de Enerxía , coordinado pola compañeira Natalia Abelenda, un excelente recuros para análisis de datos.

Hans Rosling, profesor de saúde pública no Instituto Karolinska (Suecia), desenvolveu un software de tratamento de datos que emprega as estatísticas de organismos como a ONU ou UNICEF entre outros. A través de gráficos que constan de dinámicas burbullas de cores, o profesor Rosling consigue que nos acheguemos dunha ollada a unha verdadeira perspectiva global e relativa da evolución dos diversos países.

O software, denominado Gapminder, é libre e accesible a todo mundo, sendo posible a súa aplicación a calquera serie de datos. Entre os numerosos tópicos para os que poden visualizarse directamente estes gráficos atópanse, por exemplo, os relativos ás emisións de CO2 ou ao consumo de carbón.

Exemplo de gráfico de Gapminder

Emisións de CO2 desde 1820/ Imaxe: http://www.gapminder.org/

Pode resultar conveniente consultar o breve video-titorial de uso para unha completa interpretación dos gráficos. Por outra banda, existe un apartado específico no sitio web dirixido ao profesorado con recursos.

No episodio do programa Redes titulado “Desmontando mitos sobre el mundo” amósase información interesante relativa ao manexo e aplicacións deste software.

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta