A importancia de falar de ciencia

Muitas veces temos falado nos blogues de Climántica da importancia da argumentación científica, pero poucas son os rapaces os que falan sobre este tema. Desde o IES A Basella de Vilanova de Arousa unha alumna Raquel Barros, colga este interesante post co gallo do Día da Ciencia en Galego. Non vos perdades os  comentarios.

 

Para saber de ciencia precisamos bós divulgadores científicos, persoas que nos acheguen de forma amena a esos conceptos cos que podemos entender mellor o mundo que nos rodea e ter unha opinión crítica e ben fundamentada en temas científicos e tecnolóxicos.

Por sorte cada vez contamos con máis persoas adicadas a amosarnos o fascinante mundo da ciencia, como Ángel Carracedo (que nos ofreceu unha charla sobre xenética o curso pasado) ou Jorge Mira, director do Programa ConCiencia. Este programa pretende “difundir entre a cidadanía a importancia que merece o saber científico como unha forma mási de cultura, intercambiando coñecementos entre a comunidade científica galega e as personalidades máis sobresaíntes do ámbito científico internacional”. Así, nas convocatorias dos últimos anos deste Programa ConCiencia, foron galardoados co Premio Fonseca científicos de tanto renome como Stephen Hawking ou James Lovelock e divulgadores como David Attenborough.

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta