Día da Ciencia en Galego

Hoxe se celebra o II Día da Ciencia en Galego, este ano adicado ao Ano Internacional da Química e co lema “A Muller na Ciencia”, convocado por AGAPEMA, ENCIGA e APETEGA.

Homenaxéase  a figura de dúas científicas, Madame Curie e a matemática galega Maria Wonenburger polo seu labor científico e  como representante de un grupo de mulleres que contribuiron a cambiar o papel da muller na ciencia.

Muitos dos nosos blogs traballan o tema da muller na ciencia e os foros son un bo lugar de debate para falar de estereotipos na ciencia.

Desde o Blog Guía queremos contribuir ao Día da Ciencia facendo o que facemos todos os días: FALAR CIENCIA en galego cos futuros científicos e científicas.

Máis infromación: cienciaengalego.org

Esta entrada foi publicada en Axenda, Día de .... Garda o enlace permanente.

One Response to Día da Ciencia en Galego

  1. noguecatoira di:

    Deste xeito homenaxéase a dúas grandes científicas Madame Curie e a Maria Wonenburger(matemática galega)

Deixa unha resposta