Nova tripulación

 

 

 

 

Ola a todos e todas,

neste mar da blogosfera Climántica, temos cada vez máis naves e, como sempre, contamos coa mellor das tripulacións.

Acaban de nacer os novos 23  blogs de CCCM no curso que se está desenvolvendo no IES Virxe do Mar de Noia.

Con eles nacen 23 portas abertas á innovación educativa, 23 posibilidades de abrir as xanelas da clase ao resto da comunidade educativa e 23 compañeiros e compañeiras ás que desde aquí animamos a  participar neste proxecto. Eso sí, temos que decirlles que esto dos blogs é bastante adictivo.

Desde o blog guía un saúdo e unha invitación a que visitedes os blogs de aula para facervos unha idea da potencialidade didáctica dos blogs na aula.

Susana Vázquez

Esta entrada foi publicada en Axenda e etiquetada . Garda o enlace permanente.

3 Responses to Nova tripulación

  1. msgrande di:

    Ola, son Luisa Sánchez, estou nese curso.
    Susana, non logro atopar o foro no que se supón que podemos conectar contigo. Fai 3 días estiven lendo as túas mensaxes de benvida e outras aclaracións, agora estou perdida.
    Xa sei que me contestaras en canto poidas. Grazas.
    Desculpa a miña torpeza.

  2. CEIP Plurilingüe Sobreira di:

    Susana, necesitaba saber se na columna onde aparecen as categorías pódese facer dalgunha maneira para cambiar a orde en que aparecen. E así as que teñan categoría pai aparezan organizadas en árbore en vez da actual vista en orde alfabética. Gracias. blogue CEIP Plurilingüe Sobreira Valadares – Vigo.

Deixa unha resposta