Proxecto Ópera

imagen

Un bo exemplo de cómo integrar á actualidade nas aulas de CCMC dende o CPR Seminario Menor Diocesano a Inmaculada de Ourense.

Neste primeiro tema da asignatura de Ciencias para o Mundo Contemporáneo falamos do método científico como a ferramenta que empregan os científicos para explicar un fenómeno determinado. Cando o experimentado cadra coa hipótese pódese enunciar unha teoría. Pero a vida dunha teoría depende de que aparezan ou non novas experiencias que acaben por refutala.

En 1905, Einstein enunciou a súa teoría da relatividade y demostrou que nada podía sobrepasar a velocidade da luz no vacío. A pesares disto, un século despois, e tres anos de medicións de alta precisión e complexas análises, o experimento Ópera acadou uns resultados inesperados.

Segundo os investigadores, os neutrinos tardaron unha pequena pero signficativa cantidade de tempo menos cá luz en percorrer un traxecto entre o CERN de Ginebra e o laboratorio Gran Sasso en Italia separados 730 Km.

Os neutrinos son as partículas máis humildes que existen na natureza, son como fantasmas irrelevantes, sen carga, prácticamente sen masa, non interaccionan con nada pero están en todas partes e poden atravesar ata os materiais máis densos. Prodúcense por trillóns nas reaccións nucleares que se producen nas estrelas e tamén se poden crear nos reactores nucleares.

Segundo a teoría da relatividade, ó achegarse a velocidade da luz o tempo pasa moi despacio. De confirmarse este experimento e coa tecnoloxía axeitada (hoxe en día non temos tecnoloxía para acadar a velocidade de 300.000 Km/s), en teoría poderíamos viaxar no tempo e enviar información ó pasado. ¡O futuro xa existiría!

Pode que ó final nada poida verificar os resultados e que todo se deba a un erro, pero, o que está claro é que a ciencia interesa, fascina, está máis viva ca nunca.

Esta entrada foi publicada en CCMC, Ler Con-Ciencia e etiquetada , . Garda o enlace permanente.