Gran debate planetario

Non, non estamos falando dunha nova Guerra das Galaxias ou da inolvidábel Mars Attack, senon dunha interesante actividade de aula da versión hispana de Windows of the Universe, un lugar onde podemos dispor de centos de actividades sobre o Universo.

Nesta actividade, os e as alumnas traballarán en grupos de dúas persoas; cada grupo investigará un determinado corpo planetario do sistema solar. Durante o Gran debate planetario, cada grupo deberá “defender o seu  planeta/lúa” á vez que compite contra os demáis equipos.

Un bo sitio e unha boa experiencia de aula. Xa contaredes!!

Esta entrada foi publicada en Astronomía. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta