Benvidas bitácoras!!

Hoxe comenza o curso 2011/2012, xa

Estes primeiros días de cursos son os mellores para introducir os blogues nas aulas, integralos na programación e aclarar cos estudantes os parámetros de avaliación, o uso e frecuencia dos blogs na aula, etc.

Para exemplo, nada mellor que a experiencia dos compañeiros veteranos, como a que nos conta  Víctor  Caamaño do IES Francisco Asorey de Cambados neste vídeo.

 

Lembradevos  de que estas datas son  esenciais para reservar as aulas multimedia , dar unha volta polos blogs e a web principal de Climántica  e aproveitar para migrar os blogs antigos a nova plataforma.

Espero os vosos comentarios, suxestións e peticións de migración dos blogs nos comentarios deste post ou no correo susana@climantica.org.

Benvidos e benvidas de novo á  blogosfrea Climántica.

Susana Vázquez

Esta entrada foi publicada en Axenda. Garda o enlace permanente.