A ciencia , unha maneira de pensar

Desde o IES Fernando Wirtz, na Coruña, este post que ben pode servir para estes últimos días de clase, pondo aos rapaces a conversar sobre os demos que a nosa compañeira  Adela tan ben explicita a partir do vídeo . Non vos perdades os comentarios!!!

Lembrade que contamos convosco o día 22 de xuño ás 11:30 , nas aulas de informática ou aulas con PDI ou vídeo para participar na retransmisión en directo do IV Congreso CLMNTK.


Con estas palabras James Randi fai unha homenaxe a Carl Sagan e ó seu libro “El mundo y sus demonios” do que  cita literalmente:  “O lume  da candea parpadea. Treme a súa pequena fonte de luz. Aumenta a escuridade. Os demos comezan a axitarse”.

Cales son os demos aos que fai referencia? Que representa a luz? Cal e a vosa opinión? Que outros aspectos destacaríades?

Esta entrada foi publicada en Biblioteca de actividades, Ler Con-Ciencia e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta