Un tempiño para conversar

Xa queda pouco!!!!

Ninguén mais qeu un docente sabe o que significa o último mes de curso: avaliacións que sempre supoñen fatiga física e moral, papeles e demáis burocracias… pero ainda nos queda un momento de soseo cando chega o venres pola tarde.

Si miramos retrospectivamente o curso sempre sae aquelo de Cantas cousas fixen!!! non tedes máis que mirar as publicacións dos blogs, os congresos e xornadas aos que asistístedes, os traballos dos rapaces para o Congreso CLMTK…. en definitiva un ano completiño do que podemos despedirnos a gusto o día 22 en Sada.

Ainda que a xornada está adicada aos rapaces, sempre temos momentos de lecer onde compartir experiencias, dúbidas e ideas. Non faltedes.

Vos esperamos!!!  Como tedes planificada a xornada?

Imaxe: Amigos de la India

Esta entrada foi publicada en Axenda e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta