“Photoclima”: Greenpeace publica imaxes impactantes sobre efectos do cambio climático

 

A maioria dos traballos do Congreso CLMTK versan sobre o cambio Climático, como non podería ser doutra maneira. Hoxe recuperamos este post do CPI de Vedra para comprobar que os traballos dos nosos alumnos non quedan atrás dos que publican organizacións  como Greenpace.

No marco das distintas campañas que desenvolve a organización ecoloxista Greenpeace destaca a relativa a cambio climático. Visitando a súa páxina web poderás saber máis sobre esta e outras actuacións  de Greenpeace, organización que cumpre xa 25 anos na defensa do medio ambiente.

Greenpeace

Dentro da ampla campaña sobre cambio climático queremos lembrar a publicación en novembro de 2007 do libro “Photoclima”, que mostra en imaxes a transformación que sufrirá España se non se actúa contra o cambio climático. A web permite descargar en formato “pdf” a publicación, na cal  podedes atopar fotografías realmente impactantes sobre os efectos devastadores que o cambio climático poderían ter en España, segundo las predicións do Panel Intergubernamental sobre Cambio Climático de Nacións Unidas (IPCC).

Esta entrada foi publicada en Recursos e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta