Unidos polas ondas

O día 22 de xuño abrimos un canal on-line de participación no IV Congreso Virtual CLMTK, unha experiencia que xa desenvolvemos no I Congreso Climántica de respostas educativas ao cambio Climático do ano pasado  e que nos deixou un bo sabor de boca.

Este ano, o congreso toma un cariz internacional xa que participarán estudantes e docentes de Arxentina e Portugal unha ocasión de intercambio de coñecemento única da que xa temos falado no blog e que, como comentábamos,   poderiades  utilizar nestes últimos días de clase , unha vez rematadas as avaliacións.

Contamos coa vosa colaboración no Congreso Online e Presencial !!

Esta entrada foi publicada en Axenda, Sen categorizar e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta