Celebrando o Día Mundial do Medio Ambiente co congreso CLMTK

Onte celebrouse o Día Mundial do Medio Ambiente e, desde Climántica, pensamos que nada mellor para celabralo que leer con profundidade as conversas e comentarios que os rapaces e rapaces  fan con motivo dos traballos que presentan ó IV Congreso Climántica.

Non hai coñecemento sin implicación emocional e eso só pode ocurrir cando  somos capaces de facer aos alumnos e alumnas protagonistas. Ese é o obxectivo do Congreso CLMTK  e , ese obxectivo é doblemente importante cando os comentarios veñen de distintos escenarios como poden ser Arxentina ou Portugal ou de distintos perfiles como o de profesor universitario , alumno ou docente.

Unha oportunidade que os profesores e profesoras   non deberíamos deixar pasar de largo para crear  debates nas  aulas  sobre temas como os de viabilidade de proxectos urbanísticos ou  de aforro enerxético que son tan discutidos nos comentarios dos traballos dos estudantes.

Xa sabedes que discutindo se aprende e que non hai mellor forma de celebrar o Día Mundial do Medioambiente que pondo ós nosos alumnos a debatir, a comparar ou a coñecer distintos escenarios, distintas opinións e distintas formas de expresar a conciencia cidadá fronte ós desequilibrios mediambientais producidos polo Cambio Climático.

Non deixedes pasar a ocasión que se nos presenta e levade aos rapaces a compartir  as súas opinións e animalos a votar os traballos ( expresións sobre o medio ambiente) dos compañeiros en Facebook.

Votade nas redes para experimentar a súa  potencialidade didáctica !!

Esta entrada foi publicada en Día de ..., Sen categorizar e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta