Xa falta mui pouco para que remate a recepción de traballos para o IV Congreso CLMTK

Xa falta mui pouco para que remate a recepción de traballos para o IV Congreso CLMTK de estudantes e, como  tódolos anos,  estamos mui gratamente sorprendidos pola  súa calidade, cantidade e contidos dos traballos enviados.

Non é de casualidade, a  comunidade climántica de profesores está formada por un grupo , cada vez máis numeroso, de docentes  excepcionais, daqueles que sacan sempre o mellor dos seus alumnos. Parabéns a todos e todas e , sobre todo aos vosos estudantes que son os verdadeiros protagonistas.

Como podedes ver na páxina principal do Congreso CLMTK , este ano se presentan varios traballos de estudantes portugueses, unha boa oportunidade para poñelos a comentar entre eles como viven a situación ambiental nesas cidades e que evidencias teñen alí sobre  o cambio climático.

A forma de facelo é mui sinxela e tedes varias alternativas:

1. Porse en contacto entre profesores por medio dos blogs, concertar unha data e facer un foro .

2. Motivar aos rapaces a que vos deixen nos comentarios , ou facer unha recollida na aula, as preguntas que lle farían aos compañeiros portugueses ou galegos sobre este tema e enviarllas aos profesores respectivos ou deixalas nos comentarios do blog guía e se publican .

2. Enviar un post en portugués  e outro en galego, o publicamos no blog guía e desde alí os rapeces participan no comentario. Só teríades que enviarnos  un correo a susana@climantica.org e combinamos. Si xa pedístedes  a nova plataforma , unha das vantaxes é que se pode invitar a usuarios, así que poderiades facelo directamente. Eso sí, gustaríamos muito poder compartilo entre todos e todas.

Quen rompe a baralla??’

Esperamos os vosos correos!!!

Esta entrada foi publicada en Axenda e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta