Os novos blogues de Climántica

Ola a todos e todas,

xa temos falado das vantaxes da nova plataforma de WordPress á que xa están migrados o Blog Guía, o Temático de Comunicación e outros blogues de centro. A que esperades para pedir á vosa migración? Non perderedes nada do que tedes publicado ou en borrador e evitaredes sustos como o de borrar a un alumno e que desparezan os seus post.

Só tedes que enviarnos un corrreo a susana@climantica.org ou a climantica@climantica.org e , sin que vos dedes conta , xa estaredes na nova plataforma.

Ás vantaxes que xa  contamos o outro dia podemos engadir outras como:

  1. Recuperar distintas versións dun post
  2. Personalizar a administración do blog ó noso xeito, elexir temas, personalizar o nº de elementos a mostrar, engadir columnas….
  3. Podeos invitar a colaborar a outro usuario o noso blog , ideal para compartir experiencias entre centros, sempre que o outro centro  tamén teña migrado o seu blog á nova plataforma.
  4. ….

Xa sabedes.. remata o curso e xa estamos mellorando para o seguinte. Aconsellamos que fagades a migración canto antes para poder ir acostumándovos á nova plataforma antes de comenzar o curso 2011/2012.

Esta entrada foi publicada en Axenda e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta