Actuando en presente para o futuro

Fai casi dez anos,  o 22 de maio de 1992 asinouse  a Convención Internacional para a Diversidade Biolóxica en Nairobi (Kenia). Así, onte celebrouse o Día Internacional da Biodiversidade,baixo o lema “Biodiversidade Forestal, o tesouro vivinte da Terra”, para subliñar o papel dos bosques na conservación da biodiversidade.

Unha data na que as alteracións climáticas volven a constituir a principal preocupación como unha das maiores amenazas para a diversidade no planeta , conxuntamente coa destrucción de hábitats, a polución e a proliferación de especies invasoras

En concreto, os informes falan da vulnerabilidade especial dos anfíbios na Península Ibérica  e dos perigos sobre a foresta da  escaseza de auga despois de dous veráns demasiado quentes.

En  Galicia a masa forestal supón  un 70% da superficie do país, e só  un 2% é monte público, ao que lei le asigna un obxectivo de conservación.  Se  conserva apenas  o 1% de bosque autóctono, e o piñeiro e o eucalipto ocupan o 99% do territorio dos nosos bosques.

Que resposta temos para estes problemas? Está claro que necesitamos dunha forte vontade  de cambio a nivel global, nacional e local para preservar a biodiversidade, especialmente sensible aos cambios climáticos, con accións como crear refuxios ou preservar hábitats, reforzar a investigación e integrar a protección a biodiversidade  en todos os escenarios socioeconómicos que se propoñan desde a administración ambiental.

Pero, todas estas medidas serán insuficientes senon traballamos desde a escola o fundamental: Crear a consciencia de que é necesario un cambio  no modo de vida.

Ese é precisamente o obxectivo fundamental do congreso de estudantes: concienciar ás novas xeracións de que é posible un cambio de actitude e que , nesa mudanza, o seu papel activo é fundamental.

Xa falta pouco para que acabe o plazo de entrega de traballos  do IV Congreso de Estudantes CLMTK , e, desde Climántica , pensamos que os rapaces teñen muito que decir no que respecta a un futuro que , para muitos de nos pode ser incerto pero que vai ser o lugar onde eles van ter que pasar o resto das súas vidas.

Fonte: Quercus

 

Esta entrada foi publicada en Biodiversidade, Día de .... Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta