Nanomedicina

Na revista Investigación y Ciencia do mes de abril do 2010 podedes atopar un artigo moi interesante sobre o emprego de novos e minúsculos materiais para o tratamento de enfermedades como o cancro.

Eu quero destacar , como exemplo, as nanoesferas macizas de sílice que, encapsuladas en láminas de ouro circulan polo sangue sen entrar nos tecidos sans, pero con tendencia a acumularse nos tumores.

Tamén hai nanopartículas con envulturas semellantes ás membranas das nosas células, que se filtran polas paredes dos vasos sanguíneos tumorais e desprenden logo un fármaco quimioterapéutico nas células canceríxenas.

Ou mesmo hai diseñado un chip que analiza os niveis de proteína contidos nunha gota de sangue; ¡sería como un minilaboratorio!

Ábrese todo un ”mundo” novo encamiñado a mellorar os tratamentos e polo tanto, as condicións de vida de enfermos de cancro, por exemplo. É un campo no que se fai imprescindible a colaboración de moitas disciplinas científicas: Xenética, Farmacoloxía, Física, Química,  Enxeñería…e tamén as Matemáticas e a Informática. Incluso a Xeoloxía, tan abandonada nos planes de estudo actuais.

Xa vedes, os coñecementos constrúense con cooperacións multidisciplinares. É a Ciencia do futuro.

Explorar0014.jpg

Vía: IES Nº 1 de Ribeira

Esta entrada foi publicada en Nanotecnoloxía e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta