Cambiamos de plataforma!!

Ola a todos e todas,

como xa pudestedes comprobar , nestes dias aproveitamos para facer o cambio de plataforma a unha versión máis actual, segura e eficaz de wordpress.

Ainda que os cambios na forma de traballar respecto á outra plataforma son mínimos e vos deixamos a pestana de Titoriais con todas as instruccións, non dubidedes en enviarnos por correo calquera aclaración que precisedes, tanto a climantica@climantica.org como a susana@climantica.org , estaremos encantados de axilizar a vosa adaptación os novos blogs.

 

 

A nova versión vai permitir cambios interesantes como :

  1. Auto-gardado dos post mentras os escribimos.
  2. Edición e redacción rápida dos post
  3. Para eliminar un post só tedes que darlle a lixo
  4. A subida de arquivos é muito máis eficaz.
  5. Xa no nos vai pasar aquelo de que se borrasen os post dos alumnos ao dalos de baixa
  6. Podemos compartir o noso traballo no blog noutras redes como Facebook, Menéame, Tuenti, etc ampliando a difusión e capacidade de interacción das bitácoras. Para compartir en calquera destas redes só tedes que premer na pestana correspondente.
  7. Etc.,  etc.

Ademáis destes cambios , e por unha cuestión  práctica, agora todos os voso blogues, tanto de ESO como de CCMC están redirixidos a Blogues de aula, un concepto que pensamos que está máis acorde coa realidade da aula ( un ano das CCMC, outro na ESO) e que facilita a lectura de todos os post que se publiquen desde o Blogue Guía.

Quedamos pendentes dos vosos comentarios e suxestións.

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.