Falando en galego do Cambio Climático no Día das Letras

O ano pasado por estas datas escribíamos un artigo sobre o uso do galego nas publicacións científicas, este ano, e co gallo do Día das Letras e do Congreso CLMTK  vos convidamos a reflexionar sobre o uso da nosa lingua nas exposicións científicas.

O feito de que os rapaces envíen un traballo que vai ser avaliado fora das aulas  ademáis de contribuir ao desenvolvemento de competencias como as de  Iniciativa e Autonomía persoal, Aprender a Aprender e Social e Cidadana,  que muitas veces son difíciles de avaliar nas aulas, contribúe tamén á normalización do uso da nosa lingua en distintos contextos e campos como    o da comunicación científica, os mensaxes publicitarios e eslogans, dramatizacións, música, etc. En resumo a utilizar a lingua en contextos multidisciplinares que enriquecen e motivan aos estudantes e aos docentes que os guían.

Finalizamos o artigo rendindo unha homenaxe a Lois Pereiro nas voces de Arturo Casas, Antón Losada, Paco Macías, Antón Patiño e Antón Lopo lendo cinco dos seus poemas e coa música de Radio Oceáno grupo mítico  do punk galego  onde tocaba o irmán do homenaxeado.


Non deixedes de ver  o  magnífico traballo feito por alumnos do CEIP Rosalía de Castro (Xinzo de Limia, Ourense), publicado desde o seu blog escolar A charca dos libros. Parabéns aos seus autores.

 

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta