Terremoto en Murcia

imagen Dous  terremotos sacudiron onte Lorca. O segundo seísmo, maís superficial e co epicentro nunha localidade perto da cidade ,foi o máis devastador cunha intensidade na escala Ritcher de 5,3 graos.

Neste momento contabilízanse  oito mortos  e cento sesenta e nove feridos, algúns deles de gravidade. Ademáis, centos de persoas están  desaloxadas das suas vivendas habituais  á espera do informe dos técnicos para avaliar os impactos deste inesperado movimento de terra.

Lorca xa tiña sufrido un seísmo no século XVII  porque se  atopa na zona de fallas sismoxénicas de Murcia

Houbo máis de unha veintena de réplicas, algo habitual nestes movimentos e, con toda seguridade  haberá máis nos próximos días, ainda que dunha magnitude mui inferior. O feito máis inusual   foi que o 2º terremoto fose dunha magnitude superior ao primeiro, algo que non acostuma a suceder.

Cantos  graus terá na escala Mercalli? Todavía é pronto para avaliar os danos pero podemos lanzar a pregunta desde os blogs .

Un bom momento para reflexionar sobre  a prevención de catástrofes, a necesaria educación cidadá  para actuacións ante estas catástrofes e sobre o labor da ciencia  e da cultura científica , se temos en conta que unha grande parte de noticias falan dunha “profecía de Roma”, como si de prediccións xeolóxicas estivesen falando.

Esta entrada foi publicada en Fenómenos naturais e catástrofes. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta