Webquest sobre a auga

imagenDesde o Temático de Agua deixannos unha selección de webquest sobre a Agua da que podedes extraer actividades útiles para o aula e ideas para presentar ao Congreso CLMTK-ESO

1º da ESO, engloba aspecto sobre o ciclo da auga, a súa potabilización e a necesidade de aforrar e non contaminar.

El ciclo del agua, tamén deseñada para 1º da ESO pero con aspectos básicos que podemos tratar nas aulas de CCMC.

Auga e clima,  dividida en varias miniquest que se poden facer conxunta ou independientemente.Explica moitos termos do clima, polo que podemos relacionalo co cambio climático.

Para 3º da ESO  ”El Reto del agua en un mundo desigual” webquest interdisciplinar, educacion para a paz e a igualdade co fondo do problema da auga.

CC da Terra webquest máis activa, xa que ademáis do estudo das características da auga,  implica ós alumnos para que tomen medida  de aforro de auga no seu centro, casa, etc.

BACHARELATO

Pontes de H algo máis complexo como require o nivel, apropiada para 2º, inda que non se soe dispoñer de moito tempo neste curso, si pode propoñerse como traballo complementario.

Esta entrada foi publicada en Auga, Recursos e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta