Tres preguntas sobre a auga para reflectir sobre o futuro

Á espera de que colguemos os vídeos das charlas e o resumo das mesmas na web principal,  voltamos ás aulas xustamente co tema da agua  introducido neste trimestre .

Como maxistralmente nos mostrou Francisco Anguita, o enfoque  antropolóxico pode ser un aliciente mui importante para unhas aulas coa hetreoxeneidade das de CCMC.

imagen Por ós  estudantes na situación de resolver un problema co que nunca se tiñan enfrentado  como lle ocorreu aos   anasazi fronte as sequías  de longa duración, facelos conscientes dos conflictos xenerados pola auga a partir da desaparición da cultura maia  ou da sobreexplotación de recursos até o ponto sin retorno como no caso dos habitantes da Ilha de Pascua tal e como fixo Francisco Anguita con nós,  é unha excelente idea para levalos a reflectir sobre as pregutas finais da charla nos foros de Climántica.

Estamos seguros que muitas das ideas que Anguita suliñou na sua presentación van darvos ideas para utilizar a auga como fío conductor noutros temas  como orixe da vida, xestión de recursos, sostibilidade  ou epistemoloxía da ciencia  e para animar ós estudantes a presentar traballos para o Congreso CLMTK.

Unha conferencia da que seguro extraedes muito proveito didáctico  que nos gustaría que compartiramos   desde os blogs cos outros centros.

Esta entrada foi publicada en Auga e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta