Hoxe, as catro e media na Universidade Laboral en Culleredo

imagen

Alí nos vemos.  Entre as catro e media e cinco entregamos a documentación e teremos un ratiño para falar antes de que comence o programa que comentábamos onte.O sábado empezamos as nove coa conferencia-coloquio “Impactos antropoxénicos sobre os océanos costeiros”  impartida por Antonio Bode. Investigador do IEO no Centro Oceanográfico da Coruña, e  continuamos coa conferencia de Urbano Fra, profesor titular do departamento de Enxeñería  Agroforestal da Universidade de Santiago de Compostela cuio título é “Riscos nas augas  oceánicas” .

As once e media faremso unah paradiña pequena e , despois de coller forzas nos falarán sobre a  “Depuración de augas na sociedade do cambio climático: o potencial das macrofitas” para terminar cunha interesantísima  e útil mesa redonda sobre “Actividades prácticas no laboratorio e no entorno relativas a auga e ao cambio climático”  desenvolvida baixo tres eixos:

  1. Prácticas sobre o medio litoral.   Luisa Martínez Lorenzo, da  Unidade de Cultura Científica  transmitiranos a sua longa experiencia nas actividades didácticas relacionadas co mar.
  2. Prácticas para o análise da calidade da auga no proxecto Ríos, onde un representante  do Proxecto Ríos fará o mesmo cos ríos.
  3. Prácticas de laboratorio sobre auga e cambio climático no proxecto Climántica que impartirá Mercedes Rodríguez Ruibal, a que todos coñecedes por formar parte  do equipo Climántica.

En resumo,un dia como o de hoxe: para non perder!!!

Ate as catro

Esta entrada foi publicada en A aldea global. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta