Climántica en Culleredo

imagenXa queda pouco para encontrarnos en Culleredo, na presentación da unidades didáctica “Auga e Cambio Climático” .Para ir facendo “a boca agua “, podedes descargar desde aquí mesmo o Programa e  o Guión e recensión do libro  que se vos  entregará.

Despois da presentación da unidade, poderemos disfrutar da conferncia coloquio “Da liña de neve á  sociedade do cambio climático: unha visión xeolóxica da hidrosfera dende  a súa orixe ata a actualidade” impartida por Francisco Anguita, coautor do libro e , valga a redundancia, “un libro aberto” ao que poderiamos escoitar horas e horas.

A seguinte confrencia é “Impactos e riscos nas  augas continentais contemporáneas”, impartida por un sabio como Francisco Díaz-Fierros, e, para rematar a sesión inagural  haberá unha comunicación-coloquio “Iniciativas lúdicas para a comunicación sobre a auga” con Antón Concheiro como poñente, o remate perfecto para tratar este tema na aula.

Mañán vos comento o programa do sábado. que é muita información e hai que asimilala pouco a pouco !!

Esta entrada foi publicada en Axenda. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta