Tarefas sin rematar: Traballos para o Congreso Virtual CLMTK

imagenAo final do trimestre sempre temos a sensación de que rematamos un ciclo e quedan muitas cousas sin facer. Imaxino que eso é precisamente o que vos está a pasar co envío de traballos para o Congreso CLMTK.

Como dí o lema “Xa somos máis  recuperando o planeta”  e , tamén aumenta gradualmente o  número de  traballos enviados. Polo de agora enviáronse arquivos audiovisuais, pero non esquezades que temos muitas categorías de premios:

 

  • Debuxos Estamos seguros de que tedes artistas agochados tras das mesas!!
  • Poesía Un simple conxunto de haikus para homenaxear ao pobo xaponés

 

  • Reportaxes multimedia Que tal un repaso aos archivos de urbanismo para valorar o impacto medioambiental na comarca?
  • Xogos e pasatempos Xogos de cartas, Trivial do clima, o Risk levado ao campo das enerxías….

 

Supoño que o tedes pedido como traballo de aula, e a mellor forma de motivalos!!

Boas vacacións!!

Esta entrada foi publicada en Axenda e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta