III Xornadas Climántica:Auga e Cambio Climático

imagen

Os días 6 e 7 de maio celebramos, no IES Universidade Laboral de Culleredo ,as III Xornadas Climántica, esta vez arredor do tema Auga e Cambio Climático, a terceira das Unidades Didácticas de este proxecto en oito etapas.

As xornadas están dirixidas a todo o  profesorado de Primaria e de Secundaria e intentaremos, entre todos, dar resposta as  seguintes preguntas:

  1. Con que ensinar sobre a auga e as súas relacións co cambio climático?
  2. Que ensinar sobre a auga e as súas relacións co cambio climático?
  3. Como ensinar sobre a auga e as súas relacións co cambio climático

Como podedes comprobar no programa  pretendemos  dar unha visión  o máis exhaustiva  do tema e , con ese obxectivo, contaremos entre os conferenciantes con:  Francisco Anguita ( coautor da unidade didáctica), Francisco Díaz Ferros, Antonio Manuel Bode e Urbano Fra .

Durante as xornadas, otorgarase aos asistentes a Unidade Didáctica: Auga e Cambio Climático  xunto coa súa guía didáctica  e solucionario.

Os contidos da Unidade son:

  • A auga no Universo
  • Evolución da hidrosfera dende as súas orixes á actualidade
  • A auga na historia das civilizacións
  • A sociedade sedenta do cambio climático
  • Impactos ambientais nas augas continentais
  • Riscos sobre as augas continentais na sociedade do cambio climático
  • Impactos antropoxénicos sobre o océano costeiro
  • Riscos sobre as augas oceánicas na sociedade do cambio climático
  • A depuración da auga na sociedade do cambio climático: o exemplo da depuración con macrofitas
  • Análise da calidade da auga

Temas que serán tratados nas conferencias , nos coloquios  e na interesante mesa redonda coa que finalizan as xornadas.

 NON ESPEREDES MUITO PARA APUNTARVOS!!!

O profesorado de centros sostidos con fondos públicos deberá inscribirse no Sistema de Xestión de Formación do Profesorado, FProfe, da páxina web da Consellería de Educación (Área: Temas transversais e Centro de formación e recursos: Servizos centrais con código X1002025).

Esta entrada foi publicada en Axenda e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta